O socialismo pontevedrés réndese ante a traxectoria e labor de Chelo Besada

Poio
20 de xuño 2022

La agrupación provincial del PSOE organizó el pasado sábado una cena homenaje para la exconcelleira y exdiputada en la que participaron, entre otros, Valentín García Formoso y Carmela Silva  

O PSOE organiza unha cea homenaxe a Chelo Besada
O PSOE organiza unha cea homenaxe a Chelo Besada

O socialismo de Poio e da provincia de Pontevedra rendiu o pasado sábado unha homenaxe a Chelo Besada, "unha das grandes referentes do socialismo na provincia". Preto de 200 persoas, entre as que se atopaban simpatizantes, afiliados, dirixentes e compañeiros de corporación, participaron na cea de honra que o PSdeG-PSOE de Poio organizou.

A cita tivo lugar no Restaurante La Brisa e contou coa presenza do secretario xeral do PSDeG-PSOE, Valentín García Formoso; así como da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a senadora Marica Adrio e compeñentes da executiva provincial. Tampouco faltaron deputados provinciais e autonómicos, así como os tres concelleiros socialistas de Poio: Gregorio Agís, Rosa Fernández e Julio Casás, que tamén é o responsable local do partido.

Desde o PSdeG-PSOE agradecen a participación e salientan, unha vez máis, o “impresionante traballo que Chelo levou a cabo durante os máis de 25 anos nos que formou parte da corporación municipal e que tamén compaxinou no seu momento coa Deputación Provincial de Pontevedra”.

O voceiro socialista, Gregorio Agís, lembrou as “actuacións de calado” impulsadas por Besada durante a súa etapa como tenente de alcalde, na que dirixiu áreas como Obras, Servizos, Pesca e Marisqueo ou Igualdade, entre outras. “Chelo foi a mellor concelleira da historia da democracia do noso concello, sempre estivo ao servizo da veciñanza, cunha dedicación e predisposición absoluta, polo que merece todo o noso respecto, como referente que é para todas e todos nós”, precisou Agís.