O subcomité clínico mantén o nivel alto de restricións para Sanxenxo tamén a partir do Luns Santo

Sanxenxo
26 de marzo 2021

Na xuntanza do subcomité mantida na mañá deste venres decidiuse tamén que Baiona manteña esa situación de nivel alto. Beade será o único municipio galego que a partir do luns permanecerá no nivel máximo de restricións

Praia de Silgar
Praia de Silgar / Concello de Sanxenxo - Arquivo

A Xunta de Galicia manterá o nivel alto de restricións nas vilas turísticas de Sanxenxo e de Baiona durante o luns da Semana Santa. Así o decidía o subcomité clínico onde os expertos sanitarios realizaron unha análise da situación da covid-19 en Galicia.

Ambos os municipios atópanse desde este venres neste nivel alto de restricións e a decisión do subcomité confirma que a partir do luns 29 manteranse na mesma situación. Isto supón que os establecementos hostaleiros só poderán servir nas terrazas cunha pacidade limitada ao 50% da ocupación habitual. 

O motivo desta decisión atópase en que durante a ponte de San José, que se tomou como mostra, incrementouse de maneira notable a incidencia acumulada e o propio conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña advertía que, en caso de non adoptar medidas, os casos multiplicaríanse con rapidez, tendo en conta a incidencia da cepa británica durante as últimas semanas no desenvolvemento da pandemia.

A  paritr do luns, o único municipio que se manterán en nivel máximo de restricións en Galicia será Beade. En nivel alto, acompañando a Sanxenxo e Baiona, atoparanse Maside, Vilardevós, Cortegada, Abegondo, Ortigueira, O Saviñao, Pazos de Borbén e Padrenda.