O tecido asociativo de Cerdedo-Cotobade recibirá axudas por máis de 100.000 euros

Cerdedo Cotobade
27 de xaneiro 2023

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, estase a reunir con colectivos sociais, culturais e deportivos para informarlles de que os orzamentos aprobados para o 2023 "seguirán apoiando e apostando polo movemento asociativo no municipio" destinando máis de 100.000 euros a través de distintas áreas ao apoio dos proxectos e actividades impulsados polos colectivos veciñais  

Reunión de Jorge Cubela cos representantes dos colectivos sociais
Reunión de Jorge Cubela cos representantes dos colectivos sociais / Concello de Cerdedo-Cotobade

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, estase a reunir con colectivos sociais, culturais e deportivos para informarlles de que os orzamentos aprobados para o 2023 "seguirán apoiando e apostando polo movemento asociativo no municipio" destinando máis de 100.000 euros a través de distintas áreas ao apoio dos proxectos e actividades impulsados polos colectivos veciñais.

Durante as xuntanzas valorou as liñas de colaboración entre Concello e colectivos para mellorar a eficacia e a eficiencia das mesmas, e insistiu, no caso das asociacións culturais, en coñecer o seu parecer polo funcionamento do Plan Cultural a través do cal o Concello destina máis de 40.000 euros a compensar as actuacións que realizan os colectivos musicais e culturais do municipio.

No caso das agrupacións músico-culturais, estas valoraron moi positivamente a realización de certames como o protagonizado polo músico Carlos Núñez en homenaxe ao gaiteiro de Viascón Ricardo Portela. Neste senso, Cubela quere seguir apostando nesta liña de colaboración que traerá "maior beneficio social tanto para estas entidades como para a veciñanza en xeral".

Nos orzamentos do 2023 recibirán axudas por diversos conceptos a Asociación Astronómica Sirio, a ANPA de Carballedo, a ANPA de Tenorio, a ANPA de Cerdedo, a Asociación Cultural Foula, a Asociación Cultural Os Trazantes de Tenorio, a Comisión de festas Valongo (promoción festa gastronómica da filloa), Asociación Cultural Amigos do Requeixo, Comisión de festas de Borela (festa gastronómica, Banda de Música de Tenorio, Asociación Cultural Afoutes do Cañón de Pau, Os Abrentes de Cerdedo, Pandereteiras de Quireza, Banda de música de Cerdedo, Asociación Rapa das Bestas de Cuspedriños, Tenorio Fútbol Club, masculino e feminino, Cerdedo Cotobade fútbol sala, Club escolas deportivas Cotobade Transgalaica 2023, CCMM de Vilar, CCMM Vilalén, Comunidade de Augas, Comunidade de Augas A Costa e Comunidade de Augas de Cuspedriños.