O tempo seco acelera as obras do depósito de Pardavila

Marín
20 de novembro 2015

A sociedade pública Aguas de las Cuencas de España (ACUAES), dependente do Ministerio de Medio Ambiente, avanzan a un bo ritmo de execución, aproveitando o bo tempo

Obras do depósito de Pardavila
Obras do depósito de Pardavila

As obras da sociedade pública Aguas de las Cuencas de España (ACUAES), dependente do Ministerio de Medio Ambiente, avanzan a un bo ritmo de execución, aproveitando o bo tempo.

A colocación da tubería de abastecemento en case todo o seu trazado estase levando a cabo con axilidade estando xa prácticamente finalizada.

Logo procederase ao seu acondicionamento e asfaltado no vial provincial de Pardavila a Currás e posteriormente no entorno do cemiterio do Campo e na entrada da variante, así como o acceso a Castro e a Brea.

É una obra de envergadura para o Concello de Marín e tratará de mellorar as conexións existentes, así como de facer un anel e un circuito que conecta coa conducción que na actualidade está pola parte baixa do término municipal.