O tramo A Ermida-Vilaboa da autovía A-57 necesita máis expropiacións

Pontevedra
04 de xuño 2020

Unha modificación no trazado do tramo A Ermida-Vilaboa da A-57 supoñerá a expropiación de 472 parcelas

Obras de construción da autovía A-57
Obras de construción da autovía A-57 / PontevedraViva

Unha modificación no trazado do tramo A Ermida-Vilaboa da A-57 supoñerá a expropiación de 472 parcelas.

O Boletín Oficial do Estado (BOE) deste mércores publica unha resolución co cambio no trazado do primeiro tramo da Autovía A-57, entre Vilaboa e A Ermida.

É a segunda ocasión na que se modifica o deseño do primeiro tramo da denominada circunvalación de Pontevedra.

Esta modificación supón a expropiación forzosa de 472 parcelas, na súa maioría eucaliptais, cun custo total estimado en 2,7 millóns de euros. Destes terreos para expropiar, 143 parcelas están localizadas en Pontevedra e o resto en Vilaboa.

Os afectados dispoñen de prazo ata o próximo día 17 de xullo para presentar alegacións diante da Demarcación de Estradas do Estado.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en