O traslado dos xulgados á nova sede xudicial da Parda será en outubro

Pontevedra
12 de setembro 2019

Desde esta semana está prevista a habilitación dos sistemas de gravación nas salas de vistas e a mudanza dos xulgados farase en canto se dispoña da licenza de actividade

Edificio xudicial na Parda
Edificio xudicial na Parda / Mónica Patxot

A Xunta ten previsto iniciar no mes de outubro o traslado dos xulgados á nova sede xudicial da Parda, en canto se dispoña da licenza de actividade solicitada a semana pasada.

Xa desde esta semana estanse a realizar traballos previos como a instalación do mobiliario e do sistema de gravación nas salas de vistas.

A Xunta estima iniciar a mudanza dos tribunais unipersoais a mediados de outubro cunha media de dous xulgados trasladados por semana.

Primeiro trasladaranse os tres xulgados do contencioso-administrativo, seguidos dos catro do social, os dous do mercantil e os cinco de primeira instancia para rematar co rexistro civil e o servizo de notificacións.

O obxectivo é xuntar nun mesmo lugar os órganos que non sexan da xurisdición penal e que ata agora estaban repartidos en tres sedes diferentes.