O Tribunal Supremo ordena iniciar o expediente de caducidade da concesión de Elnosa

Pontevedra
12 de xaneiro 2016

O Tribunal Supremo ha ordenado ao presidente da Audiencia Nacional que proceda á execución de sentenza de data 29 de xaneiro de 2014, que condena á Administración Xeral do Estado, a incoar expediente de caducidade da concesión outorgada no seu día a Elnosa (na actualidade Electroquímica do Noroeste, S.A.U.)

Elnosa en Lourizán
Elnosa en Lourizán

O Tribunal Supremo ha ordenado ao presidente da Audiencia Nacional que proceda á execución de sentenza de data 29 de xaneiro de 2014, que condena á Administración Xeral do Estado, a incoar expediente de caducidade da concesión outorgada no seu día a Elnosa (na actualidade Electroquímica do Noroeste, S.A.U.).

Na mesma orde, emitida o pasado sete de xaneiro de 2016, o alto tribunal ordena tamén a adopción de "todas as medidas legalmente contempladas" para a paralización das actividades e suspensión do uso e explotación das instalacións que non conten con concesión administrativa e demais autorizacións legalmente esixibles.

Esta dilixencia de ordenación foi emitida pola Sala Terceira do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo respondendo o recurso de casación interposto por Elnosa e a propia Administración do Estado.

Deste xeito o Supremo ordena ao Ministerio de Medio Ambiente a incoar un expediente de caducidade da concesión de Costas á planta de cloro de Lourizán.

Este proceso xudicial foi emprendido no seu día por Salvemos Pontevedra, que difundiu este martes a resolución do Supremo.

Esta nova decisión xudicial chega no medio das mobilizacións dos traballadores de Elnosa para esixir a continuidade da fábrica en Lourizán e se prorrogue a súa concesión.

Arquivado en