A Sala do penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aumenta a pena máxima de internamento de Francisco Acuña Martínez, o rapaz que matou o noivo da súa nai en Cangas en 2011. A Sala entende que os feitos son constitutivos dun delito de asasinato, ao existir aleivosía, pero o absolve debido a que é ininputable debido ao trastorno da personalidade que padece.
A sentenza do alto tribunal galego falla a favor do recurso presentado pola Fiscalía e acusación particular elevando a condena por homicidio ditada pola Audiencia de Pontevedra, que consideraba unha pena de 12 anos e seis meses de internamento nun centro psiquiátrico.