O verán tamén é época de Entroido... polo menos en Xeve

Pontevedra
28 de agosto 2022

Houbo que desempoar os disfraces en Xeve, pero o esforzo mereceu a pena. Centos de persoas gozaron este sábado do primeiro Verantroido que se organiza na parroquia. Esta iniciativa, impulsada pola asociación SondeXeve, encheu de festa e gran ambiente as inmediacións do antigo Concello de Xeve

Verantroido en Xeve
Verantroido en Xeve / PontevedraViva

Houbo que desempoar os disfraces en Xeve, pero o esforzo mereceu a pena. Centos de persoas gozaron este sábado do primeiro Verantroido que se organiza na parroquia.

Esta iniciativa, impulsada pola asociación SondeXeve, encheu de festa e gran ambiente as inmediacións do antigo Concello de Xeve.

A diversión e a boa música estiveron garantidas polos inchables, o touro mecánico ou os talleres infantís que fixeron as delicias de grandes e pequenos.

Ademais, a xornada estivo amenizada pola charanga Mil9 e polas actuacións de Dan Ale, recanteiro da Mariña, e as sesións a cargo de DJ Josinho e de DJ Bruno.

No Verantroido de Xeve repartíronse ademais bocadillos de salchicha e filloas realizadas polo propio colectivo SondeXeve e tamén houbo sorteos entre as persoas disfrazadas.