O vicepresidente da Deputación, de visita institucional en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
03 de outubro 2017

César Mosquera tivo ocasión de estreitar relacións, nun intercambio moi produtivo, co equipo de goberno coaligado que forman PSdeG-PSOE, AVP e BNG, e que ten á fronte a Andrés Díaz

Visita institucional do vicepresidente da Deputación ao concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas recibiu a visita institucional do vicepresidente da Deputación, César Mosquera, nunha xornada que serviu para intercambiar impresións sobre o municipalismo galego e achegarse a unha visión polo miúdo da xestión diaria dun concello de preto de 6.000 habitantes e situado no territorio interior da provincia.

César Mosquera tivo ocasión de estreitar relacións, "nun intercambio moi produtivo", co equipo de goberno coaligado que forman PSdeG-PSOE, AVP e BNG, e que ten á fronte a Andrés Díaz. Aproveitou para coñecer o centro urbano do municipio, realizando un paseo a pé co propio alcalde socialista e os concelleiros nacionalistas Lito Muíños e Manuel Barreiro. O edil de AVP José Manuel Martínez, con obrigas laborais a esa hora, incorporouse á visita máis tarde.

O vicepresidente da Deputación destacou que Ponte Caldelas vese dende fóra como un "exemplo non só de coalición de goberno sólida, senón tamén de modernización dun municipio".