O vicepresidente Rafa Domínguez apela á "lealtad personal con la ciudad" para facer en Pontevedra "el máximo de obras posibles"

Pontevedra
15 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A Deputación de Pontevedra investirá 2,5 millóns de euros neste 2024 en obras na cidade de Pontevedra, segundo confirmou en rolda de prensa o vicepresidente Rafa Domínguez quen manifestou tamén que a súa intención persoal é "conseguir que se hagan las máximas obras y las máximas actuaciones en mi ciudad"

Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación
Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación / Mónica Patxot

A Deputación de Pontevedra investirá 2,5 millóns de euros neste 2024 en obras na cidade de Pontevedra, segundo confirmou en rolda de prensa o vicepresidente Rafa Domínguez quen manifestou tamén que a súa intención persoal é "conseguir que se hagan las máximas obras y las máximas actuaciones en mi ciudad"

Rafa Domínguez explicou que, ao longo desta última semana, o goberno provincial e o municipal mantiveron "encuentros discretos" que foron "impecables" e nos que se "han desbloqueado" proxectos municipais financiados pola Deputación.

Son os proxectos da nova iluminación do Burgo e Lérez, cun importe de 1,4 millóns de euros; o parque da Parda, cun investimento de 400.000 euros; a cuberta da rúa 12 de Novembro, con 200.000 euros, a nave de piragüismo con 400.000 euros e a reforma da Casa do concello con 100.000 euros.

Trátase de obras elixidas polo goberno local do BNG que, a partir de agora, deberá presentar a documentación pertinente para liberar o crédito e dar comezo ás obras.

BOA RELACIÓN INSTITUCIONAL

Segundo Rafa Domínguez, estes momentos danse "muy buenas circunstancias" para que "a pesar de las diferencias políticas" que hai entre o Concello e a Deputación de Pontevedra "pueda y deba existir una buena relación institucional".

Esas circunstancias, segundo detallou, son a ausencia de eleccións municipais ou autonómicas a curto prazo, o que "puede significar que no se enturbie el ambiente de estas relaciones" e que exista un clima de "cierto sosiego político". E a outra circunstancia é que el é un "profundo" coñecedor dos problemas que existen no Concello de Pontevedra "después de casi nueve años de concejal y casi seis como presidente y portavoz del Partido Popular".

Rafa Domínguez quixo aclarar que "la intención de la Deputación de Pontevedra no es otra que la de colaborar al máximo con el Concello de Pontevedra" e "estamos abiertos a ampliar esta colaboración con otros temas que se nos trasladen".

ASFIXIA ECONÓMICA

Rafa Domínguez tamén sinalou que hai "mucha xente" que entende que "sería positivo para el Partido Popular" bloquear estes orzamentos desde a Deputación para manter a "asfixia" que ten o Concello de Pontevedra nestes momentos, "con una ausencia de obras". A quen pensa dese modo o vicepresidente primeiro dilles que "no pueden estar más equivocados" e engadiu que "apelando a la lealtad institucional, pero sobre todo apelando a la lealtad personal con la ciudad, vamos a intentar hacer el máximo de obras posibles".

"Yo ofrezco lealtad institucional al Concello de Pontevedra en todos los temas que ellos entiendan" o mesmo compromiso que Rafa Domínguez reclamará para outros temas como Santa Clara, os edificios históricos do Museo ou a Bienal.

E concluíu dicindo que esta lealdade institucional "no evita que pueda haber una clara auditoría" pola súa banda no Concello de Pontevedra e por parte do BNG na Deputación.