A Fundación Galega contra o Narcotráfico entregará este venres os seus Premios Nécora de Ouro que son outorgados anualmente para recoñecer o meritorio labor desenvolvido por persoas e entidades na loita contra o narcotráfico e as drogodependencias.
Nesta ocasión Antonio Martínez Duarte, comisario xefe da Brigada Central de Estupefacientes da Policía Nacional recibirá a Nécora de Ouro "en recoñecemento ao seu sobresaliente labor na loita contra o tráfico de drogas e o branqueo de capitais".
Desde a fundación destacan que ao longo dunha "dilatada e exitosa" traxectoria profesional, en pleno exercicio actualmente, Antonio Martínez Duarte dirixiu e desempeñou un "papel crave" en operacións contra destacadas organizacións criminais, así como o armazón económico e loxístico que as sustenta.
É o caso, entre outros moitos, da Operación Roble (2007), Operación Tabaiba (2009) ou a Operación Mito (2018), ás que se suma a recente desarticulación do maior laboratorio de produción de cocaína de Europa, instalado en Cerdedo-Cotobade.
O seu traballo á fronte de GRECO Galicia en Pontevedra (2006-2017) e actualmente como máximo responsable da Brigada Central de Estupefacientes, converteuno en "un principais referentes da loita antidroga a nivel nacional e internacional". Segue a manter, ademais, unha gran vinculación con Pontevedra.
Tamén recibirá a Nécora de Ouro a Sociedade Europea para a Investigación en Prevención "pola importancia do traballo de impulso e investigación na prevención de adiccións baseada na evidencia científica e a súa aplicación para mellorar a saúde e o benestar das persoas".
Esta sociedade, composta por cualificados profesionais, converteuse en asesor cualificado de organismos europeos como o Observatorio Europeo sobre Drogas e Toxicomanías.
Ademáis recibirá unha Nécora de Ouro o xornalista, recentemente xubilado, José Antonio Pérez Docampo "en recoñecemento á súa dilatada e meritoria carreira profesional no ámbito da información sobre narcotráfico e drogodependencias, desenvolta desde 1985 ata a actualidade".
Os galardóns serán entregados na gala anual programada para este venres 28 de abril a partir das 20:30 horas no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, que contará coa actuación do Coro Liceo de Vilagarcía.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.