O xeneral Cebrián tomará posesión o mércores do mando da Brilat

Pontevedra
07 de xaneiro 2014

O acto consistirá nunha Parada Militar ás 13:00 horas, que será presidida polo Xeneral de División Xefe das Forzas Lixeiras, Francisco Javier Varela Salas

O Xeneral de Brigada, Luis Cebrián Carbonell, tomará posesión oficial do seu cargo como Xeneral Xefe da BRILAT e Comandante Militar de Pontevedra e Ourense nun acto que terá lugar o próximo día 8 de xaneiro na Base Xeneral Morillo de Pontevedra.

O acto consistirá nunha Parada Militar ás 13:00 horas, que será presidida polo Xeneral de División Xefe das Forzas Lixeiras, Francisco Javier Varela Salas.

O nomeamento de Cebrián Carbonell como xeneral fíxose oficial no Boletín Oficial do Estado hai uns días e pouco despois se formalizou o seu destino.

O novo xefe da Brilat ten experiencia en misións no exterior, como Bosnia-Herzegovina (1993), Líbano (2007) e Afganistán, onde estivo destinado en 2010 e en 2012. Nesta última ocasión foi xefe do continxente español despregado na base Ruy González de Clavijo de Qala i Naw.