O xerente do CHOP culpa a Lores do atraso do novo hospital de Monte Carrasco

Pontevedra
27 de decembro 2012

O Hospital de Monte Carrasco non presenta avance público algún desde o pasado mes de xuño. Segundo José Manuel González, as razóns deste atraso son dous "a crise económica, que non podemos obviar, e tamén a falta de apoio que o Concello de Pontevedra está tendo connosco"

José Manuel González, xerente do CHOP
José Manuel González, xerente do CHOP / PontevedraViva

O Hospital de Monte Carrasco non presenta avance público algún desde o pasado mes de xuño. O plan de viabilidad do hospital acumula xa tres meses de atraso, cando o Sergas anunciara a súa presentación para setembro.

Cal é a causa? Segundo o gerente do Complexo Hospitalario (CHOP), José Manuel González, as razóns deste atraso son dous "a crise económica, que non podemos obviar, e tamén a falta de apoio que o Concello de Pontevedra está tendo connosco".

"Seguramente si todos sumásemos, nun proxecto tan importante como é este para Pontevedra, as cousas irían máis rápidas", engadiu o xerente, referíndose o alcalde da capital, Miguel Anxo Fernández Lores.

"Sigo dicindo que a remodelación do Hospital Montecelo era unha tarefa moi difícil, moi complicado compaxinar a actividade asistencial sanitaria coa ampliación e o custo económico resultante non daría un resultado satisfactorio", insistiu José Manuel González.

O xerente recordou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, marcou para a súa segunda legislatura o Hospital de Pontevedra como un dos seus compromisos.

Porque o proxecto de ampliar Monte Carrasco está totalmente descartado, asegura o xerente do CHOP, "hai razóns máis que suficientes para dicir que esa sería unha inversión difícil, pouco rendible e que non daría bos resultados no futuro".

Mentres tanto os propietarios dos terreos afectados en Tomeza e Marcón agardan desde xuño o prezo das expropiaciones.