O equipo de traballadores de Construcciones Crespo reunirase este venres en asemblea para coñecer os detalles do auto ditado polo Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra que autoriza a liquidación desta empresa.
Segundo informou o responsable comarcal do sector de Construción no sindicato CIG, Xaquín Agulla, agora os traballadores recibirán a comunicación do expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo.
Dende o comité de empresa consideran que o empresario trata de liquidar esta sociedade para derivar a actividade de Construcciones Crespo a outra firma.
O peche de Construcciones Crespo deixa na rúa a un total de 90 traballadores cunha antigüidade acumulada que vai dos 18 aos 30 anos.