O xulgado exonera dunha débeda de 216.000 euros a un pontevedrés que vivía nunha "espiral de inestabilidade laboral"

Pontevedra
28 de xullo 2022

A  Lei de Segunda Oportunidade, aprobada no ano 2015, permitiu comezar de cero a un pontevedrés ao que o Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra exonera do 100% das débedas contraídas con determinadas entidades financeiras. Desde 2010, vivía con embargos activos nos ingresos 

Xulgado da Parda
Xulgado da Parda / Mónica Patxot

A Lei de Segunda Oportunidade, aprobada no ano 2015, permitiu comezar unha nova vida a un pontevedrés que desde 2007 comezou unha "espiral de inestabilidade laboral" que lle impedía facer fronte con regularidade as débedas contraídas con determinadas entidades financeiras. 

Logrouno como resultado dunha sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, que, utilizando a citada lei, exonera a este debedor do 100% das obrigacións contraídas de forma definitiva, permitíndolle empezar de cero.

A Asociación de Axuda ao Endebedamento Familiar deu a coñecer esta sentenza e a historia deste home, que acumulaba xa máis de 10 anos nunha "situación delicada" a nivel financeiro.

O home realizaba achegas esporádicas, pero a falta de pagamentos xerou que a débeda e intereses seguisen aumentando ata chegar a unha contía de máis de 216.756,77 euros. 

Desde 2010 ata esta sentenza, viviu con embargos activos nos ingresos que tiña e nunha situación que esta asociación cualifica de "acoso constante"