O Zampaquilos solidario recolle 7 toneladas de comida

Pontevedra
24 de abril 2017

A recollida de comida na que participaron 110 voluntarios do Banco de Alimentos desenvolveuse o venres e sábado en seis supermercados

Voluntarios do Banco de Alimentos
Voluntarios do Banco de Alimentos / Banco de Alimentos de Vigo

A Fundación Provincial Banco de Alimentos recolleu esta fin de semana uns 7.000 quilos de comida en Pontevedra e comarca dentro da campaña "O Zampaquilos Solidario".

A recollida de comida na que participaron 110 voluntarios desenvolveuse o venres e sábado, 21 e 22, en seis supermercados de Pontevedra, Vilagarcía, Marín e Arcade. Prescisamente, por localidades, en Pontevedra a cidadanía doou uns 1.000 quilos de alimentos, en Vilagarcía, uns 3.000 quilos, en Marín uns 2.000 quilos, mentres que en Arcade contabilizáronse outros 1.000 quilos.

Con respecto á cantidade de comida recadada, xa se está almacenando na nave de Faustino Santalices e, unha vez clasificada, será repartida polo Banco de Alimentos entre as 3.000 persoas máis desfavorecidas ás que chega en Pontevedra e comarca.

En Pontevedra e comarca esta ONG distribuíu uns 225.000 quilos de comida durante 2016, un 10% máis que o ano anterior. Na actualidade, entrégase comida a 35 colectivos sociais, a través dos cales, chégase a preto de 3.000 persoas con dificultades.