Obras de mellora da PO-225 ao seu paso polo centro de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
25 de maio 2020

A Xunta pretende mellorar a recollida de augas pluviais, reducir o ruído do paso dos vehículos e terminar os traballos este martes

Obras de asfaltado na PO-225 ao seu paso polo centro de Ponte Caldelas
Obras de asfaltado na PO-225 ao seu paso polo centro de Ponte Caldelas / Xunta de Galicia

A Xunta pon en marcha traballos de mantemento na PO-225 ao seu paso polo centro urbano de Ponte Caldelas. Os traballos, executados pola Axencia Galega de Infraestruturas, céntranse en mellorar as condicións físicas do firme.

Con esta actuación mellorarase a recollida de augas pluviais e minimizaranse os ruídos producidos polo tráfico rodado debido ao mal estado do asfalto.

Se se cumpren as previsións, as obras quedarán rematados este martes.