Obras de reparación da beirarrúa en Rafael Areses

Pontevedra
22 de xullo 2014

Trátase de correxir un afundimento que había neste lugar que dificultaba a mobilidade peonil na zona, que é especialmente transitada por moitas persoas que o empregan nos seus paseos diarios

Obras na rúa Rafael Areses
Obras na rúa Rafael Areses

O Concello de Pontevedra iniciou este martes obras de reparación na rúa Rafael Areses, na beirarrúa próxima ao río.

Trátase de correxir un afundimento que había neste lugar que dificultaba a mobilidade peonil na zona, que é especialmente transitada por moitas persoas que o empregan nos seus paseos diarios.

Ademais, o Concello pretende mantelo en perfectas condicións de cara ás celebracións do Santiaguiño do Burgo, que se celebra nestes días.

Esta obra de reparación está fora do proxecto da avenida de Compostela, que está en tramitación.