Obras na rúa Andrés Muruais para renovar canalizacións

Pontevedra
04 de maio 2015

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra adxudicou este luns á empresa Viaqua os traballos de substitución de canalizacións na rúa Andrés Muruais

Obras na rúa Andrés Muruais
Obras na rúa Andrés Muruais

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra adxudicou este luns á empresa Viaqua os traballos de substitución de canalizacións na rúa Andrés Muruais.

Segundo explicou o voceiro do goberno municipal, Raimundo González, renovaranse as vellas canalizaciónes de formigón e de gres por outras máis modernas.

A reforma acometida nun tramo desta rúa con motivo da reforma do edificio do antigo Hotel Mexico supuxo a renovación dos servizos no tramo afectado.

O presuposto da obra é de 84.016 euros e a empresa Viaqua S.A.U. será a encargada de acometela.