Obxectos de coleccionista abrirán a I Feira de Antigüidades no Pavillón da Florida

Sanxenxo
24 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A cita está prevista para os tres últimos días de marzo e a entrada para o público será gratuíta nunha feira que contará con 31 expositores con artículos que irán desdepezas de arte sacra a discos de vinilo

Presentación da I Feira de Antigüidades de Sanxenxo
Presentación da I Feira de Antigüidades de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Os días 29, 30 e 31 de marzo, coincidindo co final da Semana Santa, o pavillón da Florida acolle a I Feira de Antigüidades e Coleccionismo de Sanxenxo.

Elena Torres, concelleira de Cultura e Eventos, presentaba esta cita que se organiza coa colaboración da Asociación Cultural Ferro Vello coa intención de atraer a visitantes interesados nestas pezas curiosas.

A entrada ao recinto será libre e gratuíta. Ao longo do pavillón instalaranse 31 expositores con presenza de coleccionistas de distintos puntos de Galicia, Asturias, León, País Vasco e Portugal.

Expoñeranse pezas de arte sacra, plumas, reloxos, selos, obxectos de porcelana ou discos de vinilo, entre outros elementos con prezos que van desde os 50 céntimos aos 800 euros.

Na xornada do venres, a feira vai iniciarse ás 17.00 horas e permanecerá aberta durante a tarde ata as 21.00 horas.

Durante o sábado, o horario será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00, mentres que o domingo 31, o horario de apertura será de 10.00 a 15.00 horas.