O Concello de Pontevedra deu luz verde este xoves, na Xunta de Goberno Local, ás bases para convocar 25 novas prazas dentro da súa Oferta de Emprego Público 2025.
Estas prazas distribúense da seguinte maneira:
-
16 serán de acceso libre, é dicir, abertas a calquera persoa que cumpra os requisitos.
-
7 cubriranse por promoción interna, destinadas a persoal que xa traballa no Concello.
-
2 resérvanse para mobilidade, especificamente para axentes da Policía Local que desexen cambiar de destino.
Na escala de Administración xeral son 11 prazas.
-
7 prazas de administrativo (C1): 3 de acceso libre e 4 para promoción interna.
-
1 praza de auxiliar administrativo (C2), por promoción interna.
-
3 prazas de subalterno, todas de acceso libre.
Respecto da escala de Administración especial son 14 prazas:
-
7 prazas para a Policía Local: 5 de novo ingreso mediante oposición e 2 por mobilidade. Tamén se inclúe 1 praza de sarxento, por promoción interna, co que se cubrirían todas as vacantes actuais no corpo.
-
2 prazas para oficiais: unha de canteiro e outra de electricista, ambas as por promoción interna.
-
4 prazas de acceso libre: unha de operario, unha de traballador social (nivel A2), outra de sepultureiro e unha máis de operario.
Ademais, o Concello reservou 3 destas prazas para persoas con discapacidade, garantindo así o seu acceso ao emprego público, segundo explicou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, en rolda de prensa.