O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra vén de lanzar 12 ofertas de emprego para dous proxectos pioneiros en investigación en Intelixencia Artificial.
A oferta é do Grupo de Investigación do Servizo de Dixestivo e busca catro expertos en informática, dous en comunicación e marketing, catro en análise de datos e dous coordinadores de proxectos.
Para a integración dos equipos de traballo búscase persoas con dispoñibilidade de incorporación inmediata, expertas con ou sen experiencia laboral.
Os proxectos "Gift"e "Aidatamed" explorarán o uso da Intelixencia Artificial xerativa para dar resposta a desafíos principais en saúde.
Estes proxectos contan cunha financiamento dun millón de euros provinte dos fondos Next Generation da Unión Europea.
As ofertas de emprego están dispoñibles ata o 16 de febreiro na páxina web do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur a través do enlace: https://www.fundacionbiomedica.es/empleo/ .
O grupo pon a disposición tamén contacto por correo electrónico para resolver dúbidas na dirección [email protected] .
Os perfiles solicitados van dende enxeñeiros informáticos a matemáticos, físicos ou biotecnólogos, pasando por sociólogos ou expertos en comunicación.
CREACIÓN DUN ESPAZO DE DATOS EUROPEO
Os proxectos Gift e Aidatamed veñen de ser escollidos na convocatoria do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública para a creación dun espacio de datos europeo, que conta con fondos comunitarios Next Generation EU.
O proxecto Gift consistirá no desenvolvemento dun sistema de apoio á toma de decisións médicas en gastroenteroloxía.
Pola súa banda, o proxecto Aidatamed centrarase na creación de bases de datos sintéticos de pacientes.
Estes proxectos supoñen un novo desafío para o grupo de investigación do Servizo de Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra que ven de pechar un ano no que recibiu varios recoñecementos, tales coma o Premio Cidade de Pontevedra, o galardón Best In Class ao Mellor Servizo de Dixestivo de España e o premio Ennova Health ao mellor proxecto de Intelixencia Artificial en saúde.