Oito asociacións reciben o seu local social na Casa Azul

Pontevedra
02 de febreiro 2013

O Proxecto, bautizado como "Hedra" pola concellería de Benestar Social, pretende encher de actividades a Casa Azul, onde as asociacións realizarán charlas, proxeccións, formación en lingua de signos ou campañas de sensibilización

A concellería de Benestar Social fixo entrega dos locais sociais que oito asociacións da cidade utilizarán na Casa Azul.

O proxecto, bautizado como "Hedra", pretende encher de actividades estas instalacións ao mesmo tempo que satisfai a demanda de espazo de colectivos sociais para poder desenvolver o seu traballo.

A Casa Azul ofrece os seus recursos a estas entidades a cambio de que estas ofrezan diversas actividades abertas ao público, como charlas informativas, proxeccións, formación en lingua de signos, campañas de sensibilización ou orientación e axuda para a poboación en xeral.

Forman parte do "Proxecto Hedra" o Colectivo de Afectados de Fibromialxia (CAF), Asociación Galega de Lupus, Alcólicos Anónimos, Asociación Galega de Axuda á Adopción (Manaia), Federación de Xordos de Galicia, Asociación Cultural Trepia e Asociación Cultural Black Box Project.