Oito chalés da comarca entre as 55 candidaturas que compiten por los Premios COAG de Arquitectura

Pontevedra
15 de febreiro 2023

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebra a súa XX edición dos Premios COAG de Arquitectura coa participación de 224 propostas visadas, executadas e finalizadas no ámbito territorial da entidade colexial entre 1 de outubro do 2020 e o 30 de setembro do 2022

Vivenda de Combarro candidata aos Premios COAG de Arquitectura
Vivenda de Combarro candidata aos Premios COAG de Arquitectura / COAG

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebra a súa XX edición dos Premios COAG de Arquitectura.

Compiten 224 propostas visadas, executadas e finalizadas no ámbito territorial da entidade colexial entre 1 de outubro do 2020 e o 30 de setembro do 2022. 

Na categoría 'residencial de nova planta' se distingue entre vivenda colectiva, con 5 candidaturas, y vivenda unifamiliar, con 55 candidaturas, oito delas da contorna de Pontevedra.

Outras categorías son as de: outros edificios de nova planta, con 21 candidaturas; obras de restauración e rehabilitación, 63; obras de interiorismo, 22; arquitecturas efémeras e deseño, 12; planeamento urbanístico, 3; deseño de espazos urbanos, xardinaría e paisaxismo, 20; divulgación e investigación, 10; Proxecto Fin de Carreira, 13; e categoría especial a toda a Traxectoria Profesional que se fallará previamente á gala de entrega dos galardóns.

A decana do COAG, Elena Ampudia, destaca a gran participación, a maior das últimas edicións coa incorporación de colexiados que non tiveran participado noutras ocasións, "o que demostra que os arquitectos máis novos veñen con moitas ganas e con grandes obras". 

Ampudia sinala tamén a gran calidade das propostas en todas as categorías, e explica que en concreto na categoría de rehabilitación, con 63 propostas, representa o gran nicho de traballo que supón.

"Nesta categoría atopamos moi bos exemplos de actuación de mellora, tanto en vivendas como en arquitecturas singulares", manifesta.

O xurado avaliará detidamente as propostas recibidas e fará unha selección previa de cinco obras finalistas por categoría, elección que se fará pública proximamente.

O ditame final farase público na gala de entrega de premios que será o 18 de marzo na Fábrica de Cerámica de Sargadelos en Cervo, na provincia de Lugo. 

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora