Ollo ao tráfico este mércores na avenida de Bos Aires

Pontevedra
28 de xuño 2022

O Concello de Pontevedra ven de comunicar que este mércores día 29 comezan os traballados de fresado e asfaltado na avenida de Bos Aires.

Obras na avenida de Bos Aires
Obras na avenida de Bos Aires / Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra ven de comunicar que este mércores día 29 comezan os traballos de fresado e asfaltado na avenida de Bos Aires. 

Segundo as estimacións da empresa responsable da súa realización, Elsamex, a obra debería finalizar antes de tres días.

A avenida de Bos Aires contará neste tempo con limitacións e restricións de tráfico rodado.

Segundo a Policía Local, nun principio só será cortado o acceso ao tramo afectado polas obras, pero se fose preciso por mor das complicacións circulatorias, podería levar a cabo un segundo peche na glorieta, aínda que o valoran como pouco probable pola baixa intensidade do tráfico estes días.