Once carrozas encherán de cor as rúas este venres na Batalla de Flores, que deixará cortes de tráfico

Pontevedra
16 de agosto 2018

As carrozas deste ano serán 'Barco pirata Benito Soto', 'Barco pirata', 'Coello da Sorte Buggs Bunny', 'Gnomo e árbol parlante', 'Circo', 'Calesa con cabalos', 'Emoji', 'Cisnes e Barca', 'Cars', 'Ninfa e sauce' e 'Coco'

Batalla de Flores 2017 Cristina Saiz

A Batalla de Flores, unha das citas que cada ano reúne máis asistentes durante as festas da Peregrina, chegará este venres ás rúas de Pontevedra e vainas encher de cor e de diversión cun desfile de once carrozas e 19  agrupacións

O desfile sairá ás19.00 horas do cruzamento das rúas Loureiro Crespo e 12 de Novembro e percorrerá Loureiro Crespo, Benito Corbal e Cobián Roffignac para rematar en Padre Amoedo.

As carrozas deste ano serán 'Barco pirata Benito Soto', 'Barco pirata', 'Coello da Sorte Buggs Bunny', 'Gnomo e árbol parlante', 'Circo', 'Calesa con cabalos', 'Emoji', 'Cisnes e Barca', 'Cars', 'Ninfa e sauce' e 'Coco'

Además, participarán unha comparsa de xigantes e cabezudos, a agrupación folclórica 'Os de Algures', Veira do Río, Héroes dos sonrisos (Rivel), O mundo do circo (Troula), Ciborgs (Pablo Méndez), Gaiteiros das Rías Baixas, Algo bo para as moscas (Rivel),  Vikingos (Troula Animación),  Ata a vista Malabarista (Rivel), a charanga MIL9, Alicornos (Barafunda), Pola Vila, Faunos e zancos (Pablo Méndez), A hora das aventuras (Rivel), Muertitos (Troula Animación), Saltamontes xigantes (Pablo Méndez), Os de Mourente e  Serpe (Barrafunda) .

Como cada ano, a Policía Local de Pontevedra deseñou un operativo especial de tráfico e suporá limitacións de tráfico e estacionamento en todo o percorrido. A apertura do tráfico farase unha vez remate o desfile e a limpeza das rúas polos servizos municipais.

A partir das 8.00 horas deste venres prohíbese o estacionamento na rúa Xosé Malvar, no tramo entre a rotonda de Valdecorvos e Loureiro Crespo. A partir das 14.00 horas prohíbese o estacionamento na rúa Doutor Loureiro Crespo e Benito Corbal e a partir das 16.30 horas en Cobian Roffignac e Padre Amoedo. 

A partir das 17:00 horas procederase ao corte de tráfico da rúa Xosé Malvar, no tramo entre a rotonda de Valdecorvos e Loureiro Crespo, e sobre as 18.30 horas procederase ao corte total do tráfico nas rúas comprendidas dentro do percorrido e as adxacentes. (tanto os cortes de tráfico como á apertura farase progresivamente). 

A Policía Local de Pontevedra solicita a colaboración cidadá para que non se estacione no percorrido da Batalla de Flores e que presten especial atención a sinalización vertical circunstancial que modifica o réxime normal de utilización da vía. Os vehículos que estacionen con posteridade a colocación do valado serán denunciados e o vehículo trasladados polo guindastre municipal, medida que suporá o pago de 315 euros.