Colorido e diversión nunha multitudinaria Batalla de Flores

Pontevedra
17 de agosto 2018

Milleiros de persoas saíron á rúa para gozar dunha das citas imprescindibles da Semana Grande das Festas da Peregrina, a tradicional Batalla de Flores que percorreu o centro da cidade

Batalla de Flores 2018
Batalla de Flores 2018 / Paula Sanmartin

É unha das citas imprescindibles da Semana Grande das Festas da Peregrina, e volveuno a demostrar un ano máis abarrotando o centro da cidade.

Milleiros de persoas, nenos e adultos, saíron á rúa este venres para gozar da tradicional Batalla de Flores, que encheu a Boa Vila de colorido e diversión.

O desfile partiu ás 19:00 horas do cruzamento de Loureiro Crespo e 12 de Novembro para percorrer ademais de Loureiro Crespo as rúas Benito Corbal e Cobián  Roffignac finalizando en Pai Amoedo.

Foron ata 11 as carrozas participantes e 19 as agrupacións que alegraron a tarde pontevedresa.

En concreto as carrozas que desfilaron foron  'Barco pirata Benito Soto', 'Barco pirata', 'Coello da Sorte Buggs Bunny', 'Gnomo e árbol parlante', 'Circo', 'Calesa con cabalos', 'Emoji', 'Cisnes e Barca', 'Cars', 'Ninfa e sauce' e 'Coco'. Ademais participaron unha comparsa de xigantes e cabezudos, a agrupación folclórica  'Os de Algures', Veira do Río, Héroes dos sonrisos (Rivel), O mundo do circo (Troula), Ciborgs (Pablo Méndez), Gaiteiros das Rías Baixas, Algo bo para as moscas (Rivel),  Vikingos (Troula Animación),  Ata a vista Malabarista (Rivel), la charanga MIL9, Alicornos (Barafunda), Pola Vila, Faunos e zancos (Pablo Méndez), A hora das aventuras (Rivel), Muertitos (Troula Animación), Saltamontes xigantes (Pablo Méndez), Os de Mourente e Serpe (Barrafunda).