A Operación Centinela Gallego notificou 37 incidencias durante as 3.024 patrullas de vixilancia

Pontevedra
15 de outubro 2024
Actualizado: 16 de outubro

O Ministerio de Defensa sinala que o número de incidentes supón "un descenso notable do número con respecto a anos anteriores"

Lanzamento dun dron de vixilancia da Brilat
Lanzamento dun dron de vixilancia da Brilat / Ministerio de Defensa

A 'Operación Centinela Gallego 2024' de prevención de incendios forestais concluíu cun balance "moi positivo", segundo valorou o Ministerio de Defensa.

Durante o período de activación, entre o 15 de agosto e o 30 de setembro, efectuáronse 3.024 patrullas de vixilancia nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra que notificaron 37 incidencias, "un descenso notable do número con respecto a anos anteriores" na liña do ocorrido en 2023 cando foron 30 os avisos, mentres que en 2022 foron 80.

A media de participación de persoal foi de 100 militares ao día, 30 patrullas, oficiais de enlace, células de seguimento e de apoio á operación.

Tendo en conta as rotacións internas do persoal das respectivas áreas de despregamento e as saídas programadas cos vehículos aéreos non tripulados, participaron na operación 272 militares pertencentes ao Exército de Terra e á Armada.

En canto ao uso dos drones, o equipo RAVEN, realizou 3.650 minutos de observación tanto diúrna como nocturna por toda a área asignada.

"Todas estas accións de colaboración tiveron un impacto positivo sobre as actividades orientadas á prevención de incendios forestais e, polo tanto, na protección da poboación en Galicia", aseguran desde Defensa.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora