Operacións de limpeza nos aparcadoiros gratuítos de Marín

Marín
26 de abril 2022

As brigadas municipais de Obras e Limpeza están a levar a cabo unha batería de actuacións de mellora e mantemento dos aparcadoiros públicos gratuitos que ten habilitados o Concello

Mantemento dos aparcadoiros disuasorios
Mantemento dos aparcadoiros disuasorios / Concello de Marín

As brigadas municipais de Obras e Limpeza están a levar a cabo unha batería de actuacións de mellora e mantemento dos aparcadoiros públicos gratuítos que ten habilitados o concello para mellorar a ordenación do espazo urbano e dotar de bolsas de estacionamento no casco urbano.

Xa se levou a cabo esa limpieza en Concepción Arenal e na Sagrada Familia de cara á celebración das Festas de Cantodarea e estase a seguir por Inferniño e o resto de parcelas.

Tamén se levaron a cabo estes días traballos de limpeza e chorreo na beirarrúa fronte á Igrexa Evanxélica.