O Concello de Soutomaior acaba de dar un paso estratéxico na súa oferta educativa para adultos coa posta en marcha da Aula Mentor.
Esta iniciativa, froito dun acordo entre o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e a administración local, foi presentada hoxe durante unha visita institucional do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, xunto ao alcalde, Manu Lourenzo.
As novas instalacións, situadas no Multiúsos de Arcade, contan con todo o equipamento tecnolóxico necesario para que os usuarios poidan cursar algunha das máis de 200 especialidades dispoñibles.
Este catálogo formativo distribúese en 17 familias profesionais, abranguendo dende competencias laborais específicas ata coñecementos básicos, todas elas cun certificado oficial expedido polo Ministerio ao finalizar con éxito o programa.
Coa incorporación de Soutomaior, xa son 20 os concellos pontevedreses que forman parte desta rede de formación non regulada a través de internet.
Abel Losada subliñou o crecemento desta iniciativa do Goberno de España na provincia, onde xa operan aulas en municipios como Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Poio, A Lama ou Cuntis, entre outros.
O proxecto pretende facilitar o acceso á formación sen necesidade de desprazamentos, permitindo que a veciñanza de Soutomaior mellore o seu perfil profesional mediante un sistema flexible e titorizado que se adapta ao ritmo de cada estudante.
A matrícula nos cursos é flexible durante todo o ano (agás agosto), segundo indica o Concello de Soutomaior.
A aula funcionará so seguinte xeito:
• Asesoramento da administradora da aula para que as persoas tomen unha decisión informada e axeitada aos intereses e expectativas.
• O prezo único para todos os cursos de 48 euros (para una duración inicial de dous meses). Excepcionalmente, o catálogo oferta cursos dun mes de duración cun custe de 24 euros.
• Plataforma virtual con acceso a materiais de estudio, actividades e recursos adicionales.
• Apoio e titoría en liña individualizada a través da plataforma virtual.
• Aula Soutomaior equipada con ordenadores con conexión a internete impresora para facilitar os recursos necesarios ao alumnado que non conte con estes recursos materiais.
• Cursos con certificado expedido polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.