Organizan roteiros polas parroquias de Pontevedra para conectar coa natureza a través do ioga

Pontevedra
21 de maio 2024

O programa promovido pola Concellaría de Benestar Social inclúe cinco roteiros para gozar dos espazos naturais das parroquias de Campañó, Alba, Verducido, Cerponzóns e Bora.

Clase de ioga ao aire libre
Clase de ioga ao aire libre / Mónica Patxot

Coñecer e gozar da nosa contorna natural e fomentar a actividade física e a vida saudable é o dobre obxectivo que guía a Re-conectando Pontevedra, un programa de ioga e natureza que impulsa a Concellería de Benestar Social, que xestiona Anabel Gulías, da man de Myriam Viéitez Yoya e Meditación e de Érika Taracido, terapeuta transpersonal.

Son cinco roteiros por outras tantas parroquias de Pontevedra nos que "se traballará na conexión coa natureza, co grupo e cun mesmo e, ademais, realizarase unha práctica de ioga".

Desenvolveranse en cinco fins de semana consecutivas a partir do vindeiro sábado 25 de maio.

  • 25 de maio (sábado)- Parroquia de Cerponzóns.
  • 2 de xuño (domingo) - Marismas da Xunqueira de Alba.
  • 8 de xuño (sábado)- Pontillón do Castro, Verducido.
  • 16 de xuño (domingo) - Parque forestal da Tomba, Campañó.
  • 23 de xuño (domingo)- Senda do río Almofrei, Bora.

 

Os roteiros terán unha duración aproximada de 4 horas - de 10.00 a 14.00 horas- e todos eles son de dificultade baixa e moderada.

É unha actividade de balde, con prazas limitadas polo que é preciso inscribirse. A idade mínima para participar é de 16 anos.

As inscricións pódense realizar a través os correos: [email protected] ou [email protected]