Organizan un paseo urbano en bicicleta en recordo ás vítimas de accidentes de tráfico

Pontevedra
23 de outubro 2017

O colectivo Masa Crítica convida á cidadanía a participar nun paseo urbano en bicicleta este xoves 26, partindo da Peregrina ás 21:00 "en prol dunha mobilidade máis segura, ecolóxica, sustentable e saudable"

Protesta ciclista
Protesta ciclista / Masa Crítica

O colectivo Masa Crítica convida á cidadanía a participar nun paseo urbano en bicicleta este xoves 26, partindo da Peregrina ás 21:00, "en prol dunha mobilidade máis segura, ecolóxica, sustentable e saudable". 

A marcha percorrerá o carril bici da Avenida de Marín ata onde están as bicicletas brancas da rotonda de Malvar, para dar lectura a un pequeno manifesto en recordo aos ciclistas falecidos nas estradas próximas a Pontevedra.

Este ano incorporarán unha bicicleta branca en recordo a Jorge, falecido na PO-308.

Segundo os datos da Dirección Xeral de Tráfico, os usuarios de bicicleta xa son o 3,7% dos falecidos nas estradas e os peóns supoñen o 21,5%.

Masa Crítica afirma que ambos colectivos son especialmente vulnerables e precisan dun especial coidado das administracións e dos condutores de vehículo a motor. Polo tanto, queren reivindicar as necesidades destes dous colectivos.