Organizan unha charla para axudar a previr ataques de velutina en persoas e animais

Barro
01 de marzo 2024

A vespa asiática é unha especia invasora que non só provoca danos en cultivos ou en enxames de abellas, senón que supón un auténtico perigo para persoas e animais

Avispa asiática o velutina Mónica Patxot

A vespa asiática é unha especia invasora que non só provoca danos en cultivos ou en enxames de abellas, senón que supón un auténtico perigo para persoas e animais.

No ano 2023, en Galicia, faleceron máis de 10 persoas a causa de picaduras deste insecto, a maioría delas mentres facían labores agrícolas. É por iso que o Concello de Barro, en colaboración con apicultores locais, decidiron levar a cabo unha charla dirixida á veciñanza para poder axudar a previr este tipo de ataques tanto en persoas como en animais.

Contarase tamén coa presenza de persoal sanitario, Christian Piñeiro, médico residente especialista en medicina familiar e comunitaria, e Tania Rodríguez, enfermeira do Sergas, quen explicarán os protocolos a seguir no caso dun ataque.

Esta mesa redonda está composta tamén por Esteban Jamardo e Ángel Garabán, apicultores locais cunha longa traxectoria no combate desta especie invasora; por Jacobo Souto, que viviu en primeira persoa os ataques deste insecto e por Pilar Calvo e Jose Manuel Martínez, propietarios de animais atacados.

Xosé Manuel Fernández Abraldes, alcalde de Barro, considera que "é o noso deber como Concello axudar á veciñanza a previr estes ataques que, por desgraza, cada vez son máis habituais. Así como axudar a difundir que se debe facer e que non se debe facer no caso de ser vítimas en primeira persoa ou de ter que socorrer a outra persoa".

A charla terá lugar este sábado 2 de marzo ás 19:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Barro.