Organizan visitas á illa de Tambo con motivo da Festa do Mar

Poio
15 de agosto 2019

Con motivo da Festa do Mar a Asociación Irmandade Illa de Tambo, vai facer unhas visitas a illa de Tambo con carácter extraordinario, ao ter completas as que forman parte do programa habitual. Serán os días 22, 23, 24 e 25 de agosto

Illa de Tambo
Illa de Tambo /

Con motivo da Festa do Mar a Asociación Irmandade Illa de Tambo, vai facer unhas visitas á illa de Tambo con carácter extraordinario, ao ter completas as que forman parte do programa habitual. Serán os días 22, 23, 24 e 25 de agosto.

O horario de cada saída será ás dez da mañá e os participantes terán que estar dez minutos antes na billeteira do Catamarán Pelegrín, atracado no peirao de Combarro.

A duración da visita será de dúas horas e media, polo que o regreso está previsto para as 13:30 horas.

Son visitas guiadas para un máximo 50 persoas por grupo e día.

Pódese facer reserva previo pago na billeteira do Catamarán Pelegrín e tamén por correo electrónico antes do 19 de agosto no enderezo [email protected] indicando a data de interés, o número de persoas, e o número de DNI de cada unha.

Con esta iniciativa a Asociación Irmandade Illa de Tambo quere sumarse nesas datas á divulgación da historia local.