Este sábado 28 de marzo ás 11:00 horas, o colectivo Vaipolorío organizou unha visita comentada á Ponte do Couto, sobre o río Tomeza – Gafos, coa intención de poñer en valor a súa riqueza arqueolóxica, histórica, arquitectónica e ambiental.
A actividade contó coa participación de Calros Solla, escritor, filólogo, profesor e etnógrafo galego, recoñecido polo seu labor de investigación sobre cultura popular, tradición oral e mitoloxía, e de Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación. Ambos compartiron o seu coñecemento para achegar a historia e os segredos desta ponte centenaria ao público.
A ponte do Couto é un dos tesouros máis singulares do patrimonio local. A súa orixe medieval, posiblemente sobre antigas estruturas romanas, fai dela un testemuño vivo da historia da cidade.
Mais o seu valor non é só arquitectónico. Durante décadas, o río dos Gafos sufriu degradación por unha planificación urbanística deficiente, abandono institucional e malos usos. A ponte, esquecida e deteriorada, simbolizaba a desconexión entre a cidade e o seu patrimonio "modesto", ese que non aparece nos grandes relatos pero que define a identidade local.

Vaipolorío tiene previsto desarrollar una serie de actuaciones destinadas al estudio, conservación y puesta en valor del puente. Entre estas acciones se incluyen el levantamiento fotogramétrico de la estructura o, alternativamente, la realización de un escaneado 3D que permita obtener una documentación precisa de su estado actual. Asimismo, proponen hacer sondeos arqueológicos en las cabeceras con el objetivo de conocer mejor su origen y evolución histórica.
Paralelamente, quieren que se acometa una evaluación detallada de la estructura para determinar su estado de conservación, a partir de la cuál se elaborará una propuesta de restauración idónea. En el ámbito de la divulgación y puesta en valor, demandan la colocación de señalítica y elementos de musealización, así como la instalación de una réplica del miliario encontrado en el entorno.
Una vez definida, Vaipolorío remitirá esta propuesta al Concello de Pontevedra, a la Consellería de Cultura y a la Deputación para su valoración y posible ejecución.
Desde 2001, o colectivo Vaipolorío traballa na recuperación do río e da ponte, con campañas de limpeza e iniciativas de divulgación como esta.

Por outra banda, no marco da Semana Forestal 2026, organizada pola Delegación de Alumnos da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, varios membros da Sociedade Galega de Historia Natural realizaron unha saída de campo polo ENIL do Río dos Gafos.
Entre os guías estiveron Saleta González, coordinadora de Botánica; Moisés Asensi, de Herpetoloxía; Álvaro Rodríguez, de Ornitoloxía; e os especialistas en Entomoloxía Suso Requejo e José Rodrigo.
Durante a xornada, o alumnado puido observar de preto a diversidade de anfibios, como o limpafontes (Lissotriton boscai e Lissotriton helveticus) e as ranas (Rana ibérica e Pelophylax perezi). Tamén foron visibles numerosas aves, entre elas a pomba torcaz, o paporrubio, a cetia das ribeiras, o meirlo negro ou a pega rabilonga.
No apartado botánico, o grupo descubriu especies autóctonas como ameneiros, salgueiros, bidueiros ou loureiros, pero tamén plantas exóticas invasoras como eucaliptos, Robinia pseudoacacia, Allium triquetrum ou Tradescantia fluminensis. Ademais, chamaron a atención as bolboretas diúrnas, con especies como Pieris rapae, Pararge aegeria ou Euphydryas aurinia, unha especie protexida que voará dentro de dúas semanas.
A relación entre a Delegación de Pontevedra da SGHN e a Escola de Enxeñaría Forestal vén de hai tempo. Cada ano, o paraninfo da escola acolle as Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, un referente na divulgación ambiental que este ano celebrará a súa IX edición en novembro.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.