Os 150 anos do rexemento Isabel la Católica levan á Brilat ao centro da cidade

Pontevedra
21 de abril 2022

Os actos comezarán ás doce do mediodía e estarán presididos polo xeneral xefe da Brigada, Luis Cortes Delgado. Este pasado mércores, tres días antes do acto, un grupo de militares da base General Morillo desprazouse ata a Alameda para preparar a parada

Militares da Brilat inspeccionaron a Alameda para preparar o acto
Militares da Brilat inspeccionaron a Alameda para preparar o acto / PontevedraViva

A Alameda de Pontevedra acollerá este vindeiro sábado 23 de abril un acto pouco habitual, unha parada militar organizada pola brigada Galicia VII, Brilat. 

A brigada tan só organiza paradas militares na Alameda de forma excepcional e nesta ocasión elixiu este escenario para poder comemorar o 150 aniversario da creación do Rexemento de Infantería "Isabel la Católica" número 29

Os actos comezarán ás doce do mediodía e estarán presididos polo xeneral xefe da Brigada, Luis Cortes Delgado.

Este pasado mércores, tres días antes do acto, un grupo de militares da base General Morillo da Brilat en Figueirido desprazouse ata a Alameda para inspeccionar a zona e preparar a parada.