Nun encontro con xornalistas tras a Xunta Xeral de Accionistas celebrada este xoves en Madrid, o conselleiro delegado de Ence, Ignacio de Colmenares, explicou que dos 600 millóns de euros que a compañía tiña previsto investir no negocio da celulosa só se manterán para este ano 50 dos 300 millóns que ían ir para a fábrica de Lourizán. Por tanto os 550 millóns de euros serán para a fábrica asturiana de Navia.
"Allí vamos a hacer todo lo que está previsto para Navia más lo que estaba previsto para Pontevedra", destacou.
O investimento de Ence en Lourizán reducirase a cuestións "de mantenimiento mínimo para sobrevivir y cumplir la ley" a partir do próximo ano 2020 mentres non se resolva o futuro xudicial da prórroga da concesión dos terreos que actualmente ocupa na ría.
Colmenares tamén dixo que o Plan Social de ENCE que destina tres millóns de euros anuais por ahora, por este año seguirá" xa que "nosotros somos una empresa seria y está firmado y lo cumplimos", dixo sen avanzar nada máis sobre o futuro.
O TRASLADO "UNA QUIMERA"
Ignacio de Colmenares tamén indicou que non se construirá unha nova fábrica noutro emprazamento xa que o traslado "es una quimera" debido ás "inversiones monumentales" que estima de entre 800 e 1.000 millóns de euros "que haces para maximizar el resultado".
O conselleiro delegado de Ence abundou que para lograr o maior rendemento precísanse tres elementos que enumerou "un país con la madera barata y en España la madera no es barata, con mano de obra barata y buscar un país con seguridad jurídica", citou.
"No reinvertiríamos en Galicia, ni en Cantabria ni en Asturias", advertiu.
"Donde no hay seguridad jurídica, manifiestamente, es en este país y desde luego yo no creo que mis accionistas me permitieran volver invertir en celulosa en España", xustificou.
O vicepresidente de Ence e conselleiro delegado dixo que a proposta do traslado "es una postura del ayuntamiento de Pontevedra, del BNG y del PSOE gallego para ahora no parecer los malos".
OUTRO EMPRAZAMENTO NON É POSIBLE
O consello de administración de Ence sostén que "no hay otro emplazamiento posible para la fábrica". Así o reflicte un informe que encargaron á empresa Idom para que analice os requisitos necesarios para a construción dunha fábrica nova en Galicia "y no hay ninguno que reúna lo que tiene Pontevedra que es único".
A saber, Lourizán está situado á beira dun porto (o 95% da celulosa expórtase), ten unha rede de alta tensión (porque a compañía é unha importante xeradora eléctrica), consome moita auga todo o ano e precisa estar preto do mar para desfacerse do efluente. E ademais require unha conexión estratéxica coa rede de estradas (entran na factoría 300 camións de madeira ao día).
SITUACIÓN DOS RECURSOS
A dirección da pasteira cualificou de "sorpresiva y arbitraria" a decisión adoptada pola Administración xa que "el Estado pide al Tribunal justo lo contrario de lo que venía defendiendo hasta ahora" de maneira que considera que "lo que estaba haciendo hasta ahora no era conforme a derecho".
A dirección da compañía pasteira admitiu ante os seus accionistas que o achantamento da Avogacía do Estado nos tres contenciosos contra a prórroga expostos polo Concello de Pontevedra, Greenpeace e a APDR "empeora considerablemente la situación procesal de Ence" polo que xa presentaron un escrito no trámite de alegacións ao achantamento, que foi admitido pola Audiencia Nacional. Neste escrito Ence pide que se desestime o achantamento, unha cuestión sobre a que o alto tribunal non resolveu aínda.
Colmenares precisou que Ence recorrerá en casación ante o Supremo se se declara nula a concesión e se fose necesario litigaría ata no Constitucional e ante os tribunais europeos. Ence tamén contempla a posibilidade de que a Audiencia Nacional non considerase os escritos de achantamento da Avogacía do Estado. Nese caso os litixios seguirían o seu curso. O terceiro escenario posible, segundo explicou Colmenares, é que o Estado lle informase á Audiencia Nacional de que os seus escritos de achantamento son contrarios a dereito e prosiga a defensa de Ence.
En calquera caso Colmenares apunta que "aquí hay juicio para entre 4 y 6 años".
O ÚNICO AFECTADO É O EMPREGO
Colmenares tranquilizou aos investidores asegurando que se finalmente anúlase a concesión e a planta de Pontevedra ten que pechar, co "balance sólido" actual da empresa poderían manter os obxectivos que se recollen no seu plan estratéxico 2019-2023.
Finalmente o vicepresidente de Ence enviou a seguinte mensaxe: "aquí sólo hay un afectado que es el empleo. Cinco mil familias viven de esto en Galicia. Y en un entorno en el que está cerrando Meirama, en el que va a cerrar una o dos plantas Alcoa, en el que puede cerrar Ferroatlántica, en el que acabará cerrando por el carbón As Pontes… una compañía industrial exitosa, invirtiendo… ¿quién tenía previsto invertir 300 millones en Galicia? nadie… pues que se carguen esta empresa es una irresponsabilidad tremenda".