Os 83 colexios de avogados de España debaten en Pontevedra sobre a Administración de Xustiza

Pontevedra
30 de xuño 2015

Os próximos días 2 e 3 de xullo o Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra será a sé das X Xornadas Nacionais de Comisións de Relacións coa Administración de Xustiza

Rolda de prensa do Colexio de Avogados de Pontevedra
Rolda de prensa do Colexio de Avogados de Pontevedra

Os próximos días 2 e 3 de xullo o Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra será a sé das X Xornadas Nacionais de Comisións de Relacións coa Administración de Xustiza.

As Xornadas celébranse anualmente para tratar de buscar fórmulas de mellora do exercicio o dereito de defensa dos cidadáns e alcanzar unhas conclusións que sirvan de guía para o exercicio diario da profesión de avogado. Nesta ocasión, congregarán en Pontevedra a 95 profesionais en representación dos 83 colexios de avogados de España.

O decano do Colexio, Ramón Jáudenes, destaca que se tratará de analizar ata onde debe ir o papel do avogado como imprescindible interviniente na xurisdicción, buscando optimizar os xeitos de relacionarse para convertelas en máis adecuadas aos tempos actuais, e agilizar así a resolución dos conflitos entre os particulares.

Estas xornadas cobran maior importancia no momento histórico no que se celebran, no que se está a acometer un proceso de modernización da xustiza no que a Abogacía debe ter o seu protagonismo. Entre outros avances está a introdución definitiva das novas tecnoloxías nos xulgados, coa obriga de comunicación telemática. A sociedade vai moitos anos por diante en avances tecnolóxicos e a Xustiza quedouse atrás, pero con esta medida ponse freo a ese estancamento.

A cita permitirá debater sobre aspectos craves da práctica diaria da profesión como as conformidades con outros actores da Administración de Xustiza como a Fiscalía. Ás 10.30 horas do xoves 2 de xullo analizarase a aplicación informática deseñada para implementar o protocolo de conformidades, estudarase a guía de boas prácticas e presentaranse os resultados dos proxectos piloto. A partir das 12.00 horas da mañá presentaranse os novos baremos de accidentes de tráfico.

As xornadas tamén analizarán o dereito de defensa á luz das directivas europeas, de aplicación no noso ordenamiento xurídico, que dan un paso adiante reforzando as garantías do cidadán cando se atopa detido, preponderando a función e intervención do avogado. Será ás 16.30 horas, cunha mesa redonda abordará a Aplicación das directivas 2012/13 UE e 2013/48 UE que incluirá unha presentación do Protocolo Marco moderada polo decano do Colexio de Avogados de Zaragoza e Presidente da CRAJ do Consello Xeral da Abogacía Española, Antonio Morán Durán.

A xornada do venres 3 de xullo comezará co Relatorio sobre as comisións mixtas, e concluirá, ás 11.30 horas, coa presentación do proxecto 'Todos temos axenda', que promueve o Colexio de Avogados de Santa Cruz de Tenerife para axudar a solucionar o problema dos continuos atrasos e demoras que padecen os avogados á hora de asistir aos xulgados.