Os alumnos do Carlos Oroza volverán servir o buffet nos Premios Princesa de Asturias

Pontevedra
20 de outubro 2015

Por segundo ano consecutivo, os estudantes do centro de hostelería pontevedrés servirán os Reis de España na gala que se celebrará o venres 23 de oubutro no Hotel Reconquista ao mediodía

Os alumnos do CIFP Carlos Oroza prepáranse para servir o buffet dos Premios Príncipe de Asturias Mónica Patxot

O magnífico labor que se desenvolve na Escola de Hostalería Carlos Oroza de Pontevedra volve ter recompensa ao ser designada outra vez para ocuparse da organización e do servizo do evento dos Premios princesa de Asturias 2015, no primeiro ano en que estes galardóns denomínanse desta forma.

Cincuenta alumnos trasladaranse a Oviedo ese venres 23 de outubro acompañados por seis profesores, segundo a Xunta de Galicia, para servir o buffet do mediodía. Son estudantes dos ciclos de Hostalería, que por segundo ano consecutivo foron seleccionados para servir aos Reyes de España nesta gala.

O conselleiro de Educación, Román Rodriguez e o xefe provincial de Educación, César Pérez Ares, mostraron a súa satisfacción por esta designación que entenden que supón un recoñecemento ao esforzo e ao traballo que os alumnos e profesores realizan nun centro que é referencia no terreo da hostalería en España.

Durante os próximos días, os alumnos realizarán probas dos preparativos do cátering que presentarán nesta gala.

OBRAS NA ESCOLA DE HOSTALERÍA

O conselleiro Román Rodríguez na súa visita este martes 20 a Pontevedra destacou a importancia das obras que se están a acometer na Escola Carlos Oroza cun orzamento superior a un millón de euros. Rodríguez indicou que está previsto que rematen a finais deste ano ou a primeiros de 2016 e salientou que "están avisados os equipos técnicos para que non entorpezan os estudantes".

Restou importancia ás molestias causadas polas obras e que foron criticadas polo sindicato CIG. Román Rodríguez afirmou que son "necesarias" e sinalou que son investimentos de cara ao futuro. Pediu certa comprensión apuntando que "afortunadamente hai pequenas molestias nos centros porque se están facendo obras". 

O conselleiro de Educación indicou que tamén se están levando a cabo obras no centro de FP da Xunqueira, traballos que axudarán a mellorar as infraestruturas educativas de Pontevedra.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora