Os apalpadores xigantes percorren a cidade e os elfos agóchanse no Gafos

Pontevedra
03 de xaneiro 2023

Escolares participaron no Parque Aventura para buscar un pequeno elfo de Nadal mentres polo centro da cidade unha figura xigante do Apalpador bailaba ao ritmo da música da compañía Nelson Quinteiro

O apalpador saúda na praza da Peregrina / PontevedraViva

Un Apalpador xigante percorría o centro da cidade ao redor do mediodía deste martes 3 de xaneiro dentro da programación de Nadal. 

Ao ritmo da música da compañía Nelson Quinteiro, o personaxe que concede agasallos do Nadal na tradición galega saudaba a escolares e adultos ao seu paso pola praza da Peregrina.

Ao mesmo tempo, na contorna do río dos Gafos celebrábase o Parque Aventura coa actividade de procura dun elfo de Nadal, que tras un intenso seguimento, lograron atopar.

Esta actividade promovida pola concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural quere animar ás familias para realizar actividades lúdicas e pedagóxicas.