Os restos doutro corpo dun menor foron atopados este venres nas últimas escavacións que estanse a facer no xacemento da Lanzada por parte do equipo de arqueólogos da Deputación.
Estes novos restos, que se atopan en mal estado de conservación, foron localizados a uns 16 metros ao leste da localización dos anteriores enterramentos de varios corpos de bebés. Nunha primeira inspección se tratarían dun menor de dous anos que podía ter algún problema físico pola curvatura que presentan algúns dos ósos atopados.
Apareceu próximo a unhas estruturas que o equipo de arqueoloxía aínda está pendente de clasificar para poder determinar a súa idade aproximada.
Tras os últimos restos de cerámicas e da pulseira atopados en días pasados, este sería achado máis importantes da última área de escavación. De feito, apenas quedan uns dezaseis metros cadrados de escavación para concluír esta fase no xacemento de A Lanzada.
Nuns días o persoal da escavación vai comezar a preparar os noiros e a conservación das estruturas atopadas antes de dar por rematada a intervención no xacemento.