Os axentes municipais de Poio atenderon máis de 50 auxilios humanitarios o pasado ano

Poio
13 de marzo 2022

Máis aló da vixilancia na vía pública ou controis de tráfico, a Policía Local de Poio desenvolve a diario un labor tremendamente importante: os servizos humanitarios. Concretamente, no ano 2021, os efectivos policiais levaron a cabo máis de 50 auxilios a persoas desorientadas, extraviadas, sen fogar ou en risco de exclusión social, de avanzada idade ou con problemas de saúde

Policía Local de Poio Policía Local de Poio

Máis aló da vixilancia na vía pública ou controis de tráfico, a Policía Local de Poio desenvolve a diario un labor tremendamente importante: os servizos humanitarios. Concretamente, no ano 2021, os efectivos policiais levaron a cabo máis de 50 auxilios a persoas desorientadas, extraviadas, sen fogar ou en risco de exclusión social, de avanzada idade ou con problemas de saúde.

Nestes primeiros días do mes de marzo de 2022 a Policía Local de Poio foi requirida por varios requerimentos humanitarios. Un deles tivo lugar o sábado día 5, tratouse dun dispositivo de búsqueda dunha persoa maior con Alzheimer que faltaba do seu domicilio en San Salvador, Os axentes a atoparon camiñando pola Avenida de Encoirados na PO-308.

Tamén, o domingo día 6, recibiuse aviso telefónico na Xefatura solicitando colaboración para a apertura dunha porta en Rúa Valiña, xa que ou propietario quedara porta fóra sen chaves. E o mércores día 9 outro veciño de Praza a Granxa, en Campelo, solicitaba colaboración aos axentes municipais debido a que a súa nai de avanzada idade caera ao chan e non a podía levantar, o requirente non podía facer só, e ao non estar ferida os medios sanitarios non a ían a asistir xa que so era para axudar a levantala.

Nestes episodios adoita ser habitual que sexan os veciños ou familiares os que solicitan a presenza policial ao escoitar a algún dos seus veciños de idade avanzada, ao que se lle que pode sumar que vivan sós, gritar e pedir auxilio.

Os policías acceden ao domicilio, ás veces con axuda dos bombeiros, e comproban o estado da persoa, tomando as primeiras medidas de protección e auxilio, solicitando a asistencia médica se fose necesario. Tamén se tenta localizar a algún familiar para transmitirlle o sucedido e finalmente, se fose preciso, trasládase o informe ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Poio para o seu seguimento.