Os bañistas de varias praias pontevedresas recibirán educación ambiental

Vilaboa
02 de agosto 2017

Educadores medioambientais desprazaranse por algúns dos areais da provincia a fin de captar a atención dos usuarios e recordarlles a necesidade de contribuír, tamén en vacacións, a unha xestión sostible dos residuos urbanos

Dúas mulleres tomando o sol na praia
Dúas mulleres tomando o sol na praia / Mónica Patxot

Educadores medioambientais desprazaranse por algúns dos areais da provincia a fin de captar a atención dos usuarios e recordarlles a necesidade de contribuír, tamén en vacacións, a unha xestión sostible dos residuos urbanos.

O principal obxectivo da campaña, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e na que colabora Ecoembes e Sogama, é incrementar as taxas de reciclaxe en Galicia e que a poboación se beneficie das súas vantaxes ambientais, económicas e sociais.

A campaña tamén estará presente noutros concellos da provincia cunha carpa informativa para instruír, asesorar e concienciar a veciños, visitantes e turistas na materia.

  • Día 5 O Grove (A Lanzada), Aula móbil de 15:00 a 19:00
  • Día 10 Marín (Praia de Portocelo), Aula móbil de 15:00 a 19:00
  • Día 12 Vilaboa (Praia Deilán), Aula móbil de 15:00 a 19:00
  • Día 19 Cotobade (Lugar A Chan-Carballedo. Durante a Festa do neno) Carpa informativa de 16:30 a 20:00
  • Día 22 Bueu (Praia de Portomaior) , Aula móbil de 15:00 a 19:00
  • Día 31 Meaño (Campamento de verán Praza do Concello), de 10:00 a 12:00