Os bombeiros de Pontevedra terán un camión escaleira co que acceder a un andar 14

Pontevedra
11 de marzo 2019

Este vehículo terá unha potencia de 390 cabalos e custará ás arcas municipais 828.850 euros. A adxudicataria abonará 9.075 euros por recoller o camión avariado en marzo de 2015 tras accidentarse na avenida de Buenos Aires durante o desfile festivo

Unha pedra de grandes dimensións despréndese da fachada da librería El Pueblo na rúa San Román
Unha pedra de grandes dimensións despréndese da fachada da librería El Pueblo na rúa San Román / Mónica Patxot

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra adxudicou este luns á empresa Incipresa un novo camión de bombeiros con plataforma que incorpora unha escaleira que permitira alcanzar unha altura de 43 metros, o equivalente a 14 andares.

Este vehículo terá unha potencia de 390 cabalos e custará ás arcas municipais 828.850 euros. A adxudicataria abonará 9.075 euros por recoller o camión avariado en marzo de 2015 tras accidentarse na avenida de Buenos Aires durante o desfile festivo que realizaban os Bombeiros para honrar ao seu patrón, San Xoán de Deus.

Incipresa tardará dez meses en carrozar o vehículo que será entregado ao concello. Segundo apuntou o portavoz do goberno local, Raimundo González, "a finais de ano o normal é que teñamos esta nova maquinaria".

Foron os propios bombeiros os que expuxeron a necesidade de adquirir un camión de rescate destas características e dimensións para poder atender a incendios en edificios de altura, desprendementos de fachadas ou caídas de cubertas polos temporais.