Os bombeiros loitarán contra os lumes forestais cun novo camión con dron incorporado

Pontevedra
26 de abril 2024

O vehículo, que ten como obxectivo mellorar de xeito substancial loita contra os lumes forestais ao longo de todo o perímetro de Pontevedra, conta con tecnoloxía de última xeración e custou case 395.000 euros

Novo camión dos bombeiros con dron incorporado
Novo camión dos bombeiros con dron incorporado

Un dron cautivo que pode voar ata unha altura de 45 metros desde o seu punto de ancoraxe. É unha das principais dotacións do camión de extinción de incendios que vén de incorporar o parque municipal de Bombeiros de Pontevedra.

O vehículo, que ten como obxectivo mellorar de xeito substancial loita contra os lumes forestais ao longo de todo o perímetro de Pontevedra, conta con tecnoloxía de última xeración e custou case 395.000 euros.

"Se está a facer un esforzo co fin de dotar ao corpo de extinción de incendios do mellor e máis moderno material", destacou o alcalde de Pontevedra, que presentou este camión xunto á edil de Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, e ao xefe do corpo de Bombeiros, Vicente Ferrería.

O dron deste camión, ademais de voar en altura, pode ofrecer unha visión xeográfica e térmica desde o ceo, o que facilitará non só os labores de extinción de incendios, senón que pode ser usado en inundacións ou mesmo en hipotéticos afogamentos.

Vicente Ferrería subliñou que este é o primeiro vehículo forestal do corpo de bombeiros de Pontevedra e explicou que conta cunha capacidade de 3.500 litros de auga, dos que cincocentos están reservados para un sistema de autoprotección

Así, o camión posúe uns sensores de temperatura que activan uns aspersores co fin de protexer a unidade e, ademais, inclúe no seu interior equipos autónomos de respiración.