Os bombeiros socorren unha persoa atrapada nun garaxe

Pontevedra
13 de marzo 2023

Este luns 13 de marzo, a primeiras horas da mañá, unha muller quedou encerrada nun garaxe situado nas inmediacións da Glorieta de Compostela e os bombeiros acudiron para axudala a saír

Bombeiros tentando abrir o garage
Bombeiros tentando abrir o garage /

Este luns 13 de marzo, sobre as 7:30 horas da mañá, unha muller quedou encerrada nun garaxe situado no edificio número 38 da Glorieta de Compostela, tamén coñecida como 'a fonte dos nenos'.

O equipo de bombeiros foi alertado por mor dunha do imprevisto por mor dunha chamada dun veciño.

Desde o parque municipal de bombeiros se trasladan dúas unidades móbiles para atender a emerxencia. 

Os operarios do servizo de extinción realizaron a intervención tentando fracturar un vidro da parte superior do garaxe para poder acceder ao mesmo.

Finalmente conseguiron que a persoa que estaba encerrada saíse ao exterior sen que sufrise feridas.

A imaxe sorprendeu ás persoas que camiñaban á primeira hora da mañá por esa céntrica zona da cidade.