Os Calacús iluminan a noite do Samaín

Pontevedra
31 de outubro 2014

Os celtas celebraban nesta data do 31 outubro o remate dos cultivos da época do verán e esa tradición chega durante esta xornada á cidade coa festividade do Samaín

A noite dos Calacús
A noite dos Calacús / Mónica Patxot

Os soportais da Ferrería enchéronse de cabazas e de nenos acompañados polos seus pais para crear formas con estes froitos recreando a tradición dos celtas nesta data do 31 de outubro, cando se celebraba o final dos cultivos de verán.

Os obradoiros contaron coa participación de numerosos nenos que reclamaban, sobre todo, cabazas pequenas e moi laranxas. Participaron animadores culturais que ensinaron aos pais técnicas de talle doadas para conseguir unha imaxe que provoque sorna para esta véspera do simbólico 1 de novembro, unha data de gran tradición na cultura galega.

Unha vez elaborada a peza, os nenos introducían as velas para iluminar a coñecida como Noite do Samaín.

Arquivado en