Os cambios de tráfico de Sanxenxo chegan tamén á rúa Ramón Cabanillas

Sanxenxo
20 de xullo 2019

Facer máis cómoda a entrada e, sobre todo, a saída do aparcadoiro Fonte de Ramos. Ese é o obxectivo do último cambio de tráfico que ordenou o goberno municipal de Sanxenxo. Afecta a un tramo da rúa Ramón Cabanillas desde este venres.

Actualmente este vial ten dirección única, da rúa Ourense a Luís Vidal Rocha. Así, as persoas que aparcaban os seus coches no aparcamento ou na súa contorna víanse obrigados a baixar ata o paseo de Silgar para poder subir pola rúa Ourense.

Para evitar este rodeo, o Concello optou por investir a dirección deste tramo da rúa Ramón Cabanillas, facilitando así a saída cara á rúa Progreso.

O goberno municipal entende que este pequeno axuste é necesario polo cambio da dirección de Luís Vidal Rocha, que antes permitía que os vehículos subiran por esta vía cara á rúa Progreso. 

Transcorridos máis de quince días desde os cambios de tráfico, o Concello asegura estar cada día máis satisfeito cos resultados e cren que foron ben aceptados polos cidadáns.