Os Cantos de Reis volven soar polas rúas de Pontevedra

Pontevedra
04 de xaneiro 2020

Os tradicionais Cantos de Reis volveron a soar, un ano máis, por rúas e prazas de Pontevedra. Unha vintena de nenos e nenas acompañaron aos membros da agrupación musical Os Chichisos para interpretar estes temas e cantar aos reis magos

Cantos de Reis de Os Chichisos na praza de San Xosé
Cantos de Reis de Os Chichisos na praza de San Xosé / PontevedraViva

Os tradicionais Cantos de Reis volveron a soar, un ano máis, por rúas e prazas de Pontevedra. Unha vintena de nenos e nenas acompañaron aos membros da agrupación musical Os Chichisos para interpretar estes temas e cantar aos reis magos.

Acompañados de diversos instrumentos como acordeón, gaita, frautas, guitarras, tamboriis e bombos, os Cantos de Reis comezaron a soar sobre as cinco e media da tarde na praza de San José, onde se reuniu bastante público para velos.

O percorrido dos mozos cantores continuou pola rúa Oliva, a praza da Peregrina, a glorieta de Compostela, a praza da Ferrería e a praza de Curros Enríquez.

Era tradición habitual en nadal en Galicia ir cantar a por as casas. Nestes tempos, este costume cambiou e agora cántase no espazo público, grazas ao empeño dos Chichisos que, durante os últimos 19 anos, traballa por manter este patrimonio cultural.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora